Xuventude na onda, o gran encontro para conectar o talento mozo galego coa innovación, a ciencia e a cultura. Un espazo de inspiración, aprendizaxe e networking.
Xuventude na Onda enmárcase en Xuventude Mentoring, un programa da Xunta de Galicia en colaboración co CIXUG, para fomentar o desenvolvemento persoal e profesional da xuventude universitaria.
O obxectivo principal é promover a conexión entre o talento xove e os sectores da innovación, ciencia e empresa, favorecendo a creación de sinerxias e novas oportunidades de colaboración.
Participas ou participaches no programa Xuventude Mentoring.
Es estudante universitario ou titulado/a con interesa na innovación e o emprendemento.
Formas parte do ecosistema científico, investigador ou empresarial galego.
Representas a universidades, centros tecnolóxicos ou entidades colaboradoras.
Dous días de charlas, obradoiros, música e gaming.
Xosé A. Touriñán
O humor como motor para emprender.
Carlos Fernández Guerra
De xestionar o Twitter da Policía a comunicar para o cambio real.
El Barroquista
Unha ollada irreverente á arte contemporánea.
E máis:
Mesas sobre ciencia («Breaking Lab»), redes sociais («Black Mirror») e moito máis.
Falar Wars
Domina o lado luminoso da palabra con Alba Formoso Ramos.
Graffiti en Realidade Virtual
Explora a arte urbana con tecnoloxía punteira.
Freestyle e Hip Hop
Aprende técnicas de rap improvisado e baile urbano.
Showcooking «Chef 007»
Cociña de supervivencia con conservas galegas.
Concerto de Grande Amore
Monólogo de David Perdomo
Concerto de Gabriel Fandi
Finais de Danza, Música e Arte Urbano de Xuventude Crea 2025.
Torneo de Mario Kart
Torneo de EA Sports 26
Non perdas a oportunidade de formar parte da forza que move Galicia. Conecta co futuro, aprende dos mellores e atopa a túa inspiración.
Para ofrecer as mellores experiencias, utilizamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/o acceder á información do dispositivo. O consentimento destas tecnoloxías permitiranos procesar datos como o comportamento de navegación ou as identificacións únicas neste sitio. Non consentir ou retirar o consentimento, pode afectar negativamente a certas características e funcións.